File:4650-Torre dos Andrade. (21140754840).jpg

Original file(3,660 × 3,325 pixels, file size: 14.61 MB, MIME type: image/jpeg)

Summary

Description O torreón dos Andrade é o conservado na actualidade do pazo que os Andrade tiñan na vila de Pontedeume e que foi demolido no ano 1935, a pesar de ter sido declarado Monumento Histórico-Artístico con anterioridade. O Torreón é obra do século XIV e foi mandado facer por Fernán Pérez de Andrade, O Boo. A historia desta fortaleza vai unida á da vila de Pontedeume, que comeza no nadal de 1270 cando Afonso X O Sabio concedeulle o título de Vila ao lugar coñecido como Ponte do Eume. Esta comunidade tería goberno autónomo e sería de reguengo, dependendo deste xeito só da autoridade do rei. No século XIV Henrique II de Trastámara outorgoulle o señorío da vila de Pontedeume a Fernán Pérez de Andrade, O Boo en pago ao seu apoio na guerra civil contra Pedro I O Cruel. Este primeiro señor de Pontedeume foi quen mandou construír o torreón, probablemente no mesmo lugar onde se erixía outro máis antigo, quizais mandado construír por Afonso X cando lle outorgou o título de vila ó lugar. Sábese que existía no 1295. Durante as revoltas irmandiñas as posesións dos Andrade foron obxectivos principais. Nun primeiro momento a defensa da fornecida vila fixo fracasar o ataque, pero unha segunda tentativa dirixida por Alonso de Lanzós conseguiu apoderarse do castelo e da vila e mantelos no seu poder durante certo tempo. A mediados do século XVI unha herdeira dos Andrade casou co Conde de Lemos, Fernando Ruíz de Castro Osorio e Portugal. Na figura do seu fillo, Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal (1524-1590) fusiónanse ambos condados. A posterior unión do Condado de Lemos coa Casa de Alba fixo que o Torreón pasase a formar parte do patrimonio do Ducado de Alba. Un enorme escudo do século XVI que estaba inicialmente na fachada do Pazo dos Andrade, incrustouse na fachada meridional do torreón cando foi derrubado aquel. Rodéao un colar do que pendura o toisón e está orlado coas 18 bandeiras que representan ás que Fernando de Andrade, primeiro conde de Andrade, gañara ós franceses na batalla de Seminara. Cada bandeira ten no seu centro unha flor de lis, divisa dos reis de Francia. Na parte superior do escudo hai unha coroa condal e riba dela un anxo termando dun filacterio no que se len as palabras da Apocalipse: nolite nocere. Na actualidade o interior do torreón foi obxecto de profundas reformas para adecualo ao seu uso actual, o de servir de Centro de Interpretación da historia dos Andrade, como oficina de turismo e sala de exposicións. <a href="https://gl.wikipedia.org/wiki/Torreón_dos_Andrade" rel="noreferrer nofollow">gl.wikipedia.org/wiki/Torreón_dos_Andrade</a>
Date
Source 4650-Torre dos Andrade.
Author Jose Luis Cernadas Iglesias from Coruña, España
Camera location43° 24′ 29.7″ N, 8° 10′ 21.16″ W Kartographer map based on OpenStreetMap.View this and other nearby images on: OpenStreetMapinfo

Licensing

w:en:Creative Commons
attribution
This file is licensed under the Creative Commons Attribution 2.0 Generic license.
You are free:
  • to share – to copy, distribute and transmit the work
  • to remix – to adapt the work
Under the following conditions:
  • attribution – You must give appropriate credit, provide a link to the license, and indicate if changes were made. You may do so in any reasonable manner, but not in any way that suggests the licensor endorses you or your use.
This image was originally posted to Flickr by jl.cernadas at https://flickr.com/photos/38035878@N07/21140754840 (archive). It was reviewed on 16 June 2019 by FlickreviewR 2 and was confirmed to be licensed under the terms of the cc-by-2.0.

16 June 2019

Captions

Add a one-line explanation of what this file represents

Items portrayed in this file

depicts

13 July 2014

43°24'29.696"N, 8°10'21.158"W

0.0025 second

12.4 millimetre

image/jpeg

7764d8a22b2d732f3b9bf65afc8038761773bd9f

15,314,810 byte

3,325 pixel

3,660 pixel

File history

Click on a date/time to view the file as it appeared at that time.

Date/TimeThumbnailDimensionsUserComment
current14:17, 16 June 2019Thumbnail for version as of 14:17, 16 June 20193,660 × 3,325 (14.61 MB)FroaringusTransferred from Flickr via #flickr2commons
The following pages on the English Wikipedia use this file (pages on other projects are not listed):

Metadata